miércoles, 28 de marzo de 2012

Pel de Lobo

Pel de lobo

Título: Pel de lobo                                             
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
Nº páxinas: 101                                             
ISBN: 84-8302-865-4
PREMIO MERLÍN 2002
XOSÉ MIRANDA naceu en Lugo, en 1955.
Profesor de Ciencias no ensino secundario.
Poeta e narrador. Publicou no ano
2000 O coello Federico e os amorodos, e
tamén para lectores e lectoras infantís e
xuvenís, Feitizo e Ariadna.
Participa con Antonio Reigosa e Xoán
Ramiro Cuba no proxecto de recuperación
e recreación da tradición oral galega
«Cabalo buligán».
  Acada os seguintes premios: Premio Xerais de Novela 1998 con Morning Star, con Na terra sombría gaña o premio de narrativa curta Modesto Figueirido 1988, con Historia dun
paraugas azul consegue o premio de novela M. García Barros 1990, e o Merlín 2002 coa
novela que nos ocupa; tamén o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía en 1995 con
Amantes e viaxeiros e o premio Esquío en 1996 con Permiso para o corso.
Publicou, ademais, as novelas Vestio e A tres bandas (1995), os libros de relatos A biblioteca
da iguana (1994) e O demo á orella (1996) e os poemarios Sonetosfera e Carozo azul.


A novela está narrada en primeira persoa por Xosé Nóvoa. Conta o que sucedeu nos tempos
en que sendo el un mozote de dezasete anos foi con seu pai ás terras do Incio, a onde
foran chamados para acabar cun lobo que estaba causando estragos por aqueles lugares.
Fulxencio Nóvoa, o pai, ten fama de moi bo tirador e segundo din non hai lobo que se
lle resista. Non é esta a primeira vez que o solicitan para acaban con esas pragas do inverno.
Sen embargo, desta acordarase sempre, entre outras cousas porque a partir de aí deixará
de cazar e cambiará a súa vida.
Naqueles tempos a noite impoñía o seu dominio, a noite era invencible e, na noite, o lobo
era o amo. O gran lobo negro que van buscando parece ter intelixencia, é un lobo da
xente; e vai acompañado doutro branco que ten idénticas características.
Constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Galicia, á
súa fala e concepción do mundo. Unha novela engaiolante de aventuras e terror, de misterio e de iniciación da vida adulta; na que non falta tampouco unha interesante historia de amor, o debate sobre as ideoloxías
dese momento, o mundo mítico e as crenzas populares do mundo aldeán ou as historias
de cazadores.
Escrita nunha prosa de alta calidade, emprega unha lingua popular moi pulida.

4 comentarios:

  1. Espero que vos guste e que disfrutedes coa súa lectura

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito o conto estivo moi interesante e emocionante

    ResponderEliminar
  3. Ola o libro pareceume moi entretido e interesante.

    ResponderEliminar